MOTIVOS PARA TER ESPERANZA

Publicado el Lunes, 8 Mayo 2017 17:46

Despois de pasar a fin de semana debatindo sobre recuperacións urbanas e análisis do territorio no IV Foro de Rehabilitación de Rianxo, compre reflexionar un pouco de onde vimos e hacia onde imos.

Levamos unha tempada buscando camiños que nos leven a poder entender onde nos perdimos, e cales son as sendas que debemos retomar para recuperar a identidade de pobo mariñeiro que foi Mugardos e que todavía segue sendo. Somos moi optimistas despois de ver o estado no que se atopan outras vilas moi parecidas a nosa. 

Foto superior Mugardos principios S.XX e foto inferior do ano 2017

 

De como evolucionou Mugardos en case 100 anos, salvo intervencións puntuais que pouco axudaron ao conxunto da vila, podemos decir que non estamos tan mal e que temos motivos máis que de sobra para estar esperanzados no futuro máis próximo.

Foto superior Mugardos principios S.XX e foto inferior do ano 2017

 

Dous exemplos de pobos que perderon toda a súa identidade e que teñen moitas dificultades para reconducir o seu camiño son Malpica e Ribeira. Pouco queda de dúas vilas volcadas ao mar, cunha población equilibrada ao londo do ano que non sufra de "turismicidio". Os coches invaden todolos espacios libres de rúas, peirao e plazas. Son vilas que perderon o contacto co mar polo levantamento de múltiples barreiras tanto arquitectónicas como de sentimento.

Malpica na actualidade

 

Ribeira na actualidade

 

Si ben Ribeira ten unha poboación moito maior que Mugardos, o caso de Malpica es moi parello en número de habitantes e en tendencia demográfica. Creo que non fai falla profundizar moito para ver que estamos a falar de dous casos moi diferentes en canto a identidade e en canto a forma na que foron evolucionando as vilas. 

Estamos moi convencidos que estamos a tempo de ser un dos referentes urbanísticos de Galicia, de ser exemplo para outras vilas de como se teñen que facelas cousas, pero o primeiro que temos que recuperar é a identidade e o sentimento mugardés. Dous significados que posibilitarán que ninguén veña de fora a quitarnos o que é noso, a seguir destrozando as nosas rúas con intervencións especulatorias que so enriquecerán a dous ou tres pero que ese enriquecemento irá a costa da nosa perda de valores e da alma. Imos moito máis alá de recuperar monumentos, cruceiros ou igrexas. Estamos a falar do conxunto da Vila, das nosas casas, das nosas rúas e prazas. 

Simplemente mirando as fotografías do antes e despois de Mugardos que encabezan esta entrada de blog, vemos que  temos un pobo que  merece estar orgullosos del, así que toca seguir traballando duro.